Hosting por logo dinahosting.

A lamprea foi un peixe abondante no rio Tambre (antigo Tamaris), polo que pescou dende alomenos o Seculo X utilizando as pesqueiras, ou canles, como se coñecen en Brión.

En Brión chegou a haber 13 pesqueiras, as cales se atopan na maioria asolagadas baixo as augas do encoro de Barrie de la Maza. Unha das ainda visibles e a do Pozo Cardo

A pesca da lamprea rematou forzadamente nos anos 20 coa construcción da central electrica de 1927 e sobre todo coa construcción da presa nova de Barrie de la Maza, no 1957.

Se queres coñecer mais sobre a lamprea no Tambre podes ver o seguinte contido:

A pesca da lamprea no río Tambre

Autor: Clodio Gonzalez Perez

Editorial: Toxosoutos editorial (2010) ISBN: 9788492792634

Artigo sobre as pesqueiras de Brión na Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/brion/2017/11/05/tambre-bullia-brion-negreiralas-principales-pesqueiras-rio-abajo/0003_201711S5C8991.htm

Ruta da Lamprea en Brión: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-da-lamprea-brion-41097618

Video sobre as pesqueiras do Tambre: https://www.youtube.com/watch?v=vSUGA40rYWs

Unha resposta a «A lamprea en Brión»

  1. Avatar de Mar
    Mar

    Moitas grazas polo traballo feito e polos datos aportados.
    Avante!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Quen somos?

O Grupo de Acción Patrimonial de Brión constitúese como asociación a comezos de 2025, resultado de anos de traballo como grupo informal inicialmente promovido polo Concello de Brión có obxectivo de estudar e divulgar o Patrimonio Cultural e Natural do País.

Próximas actividades