Hosting por logo dinahosting.
Cerámica Unzueta: oficio, investigación e patrimonio vivo en Brión

Dentro do programa de visitas a obradoiros de artesáns/artistas realizamos unha visita a Cerámica Unzueta, situado en Brión, que representa un claro exemplo de patrimonio vivo ligado ao territorio e ao saber facer tradicional. Da man de Nano, coñecemos en profundidade o proceso de creación das pezas cerámicas, nun percorrido que combinou técnica, experiencia e transmisión de coñecemento.

Durante a visita explicáronse os diferentes tipos de barros e arxilas (de Buño, de Manises e de Leiria en Portugal), así como o proceso de elaboración de pigmentos e esmaltes a partires de elementos coma estaño, cromo, cinzas vexetais, … o cal e o resultado dun intenso traballo de investigación o longo dos ultimos 40 anos.

O obradoiro funciona así como un verdadeiro espazo de experimentación, onde tradición e innovación dialogan constantemente.

Un dos momentos máis singulares foi a demostración do torneado manual, na que se puxo en valor o xesto do artesán e a importancia da aprendizaxe lenta, transmitida ao longo dos anos. Cada peza nace do equilibrio entre técnica, sensibilidade e coñecemento profundo do material.

A xornada rematou coa explicación do proceso de cocción nos fornos, algúns deles deseñados e construídos polo propio ceramista. O dominio do lume e dos tempos de cocción constitúe unha parte esencial do oficio, decisiva no resultado final das pezas.

Esta visita permitiunos comprender a cerámica non só como produción artesanal, senón como unha manifestación cultural que conserva, actualiza e transmite un patrimonio material e inmaterial profundamente vencellado ao medio rural e á identidade local.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Quen somos?

O Grupo de Acción Patrimonial de Brión constitúese como asociación a comezos de 2025, resultado de anos de traballo como grupo informal inicialmente promovido polo Concello de Brión có obxectivo de estudar e divulgar o Patrimonio Cultural e Natural do País.

Próximas actividades