Hosting por logo dinahosting.

O Vencello Mahián foi un xornal de Bastavales (Brión) que se publicou entre 1932 e 1933 como órgano da Unión Agrícola do Val da Mahía.

Subtitulado Defensor de todas las colectividades agrarias de La Mahía, apareceu en Maio de 1932. Este xornal, dirixido por Ramón Obella Vidal, presidente do Centro Agro-pecuario de Bastavales, contiña artigos sobre o patrimonio, como o que fala sobre as reformas da Igrexa de Bastavales e arredores, sobre a historia de Bastavales ao longo dos últimos cincocentos anos, adicaba unha paxina ao poema de Rosalía de Castro “Campanas de Bastavales” e falaba, con certa retranca, do cambio da xunta directiva do Sindicato.

A publicación empregaba o castelán mais o poema “Campanas de Bastavales” de Rosalía de Castro aparecía en galego. A impresión foi realizada en Vigo, na Litografía e Imprenta J. Rial. Como curiosidade, a única publicidade que aparece é a do ultramarinos La Viña, situado na Esclativud (Padrón).

O último número coñecido é o 5, publicado o 5 de xaneiro de 1933, do cal se mostran unhas imaxes a continuación.

Referencias bibliográficas:

Gran Enciclopedia Galega . Tomo XXX

Cabo Villaverde, Miguel (2003). Prensa agraria en Galicia. Ourense: Duen de Bux. pp. 234–235. ISBN84-932078-3-7.

Liñares Giraut, X. Amancio; Lista Liñares, Omayra (2007). Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX. Ames: TresCtres. pp. 122–124. ISBN978-84-935562-7-3.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Quen somos?

O Grupo de Acción Patrimonial de Brión constitúese como asociación a comezos de 2025, resultado de anos de traballo como grupo informal inicialmente promovido polo Concello de Brión có obxectivo de estudar e divulgar o Patrimonio Cultural e Natural do País.

Próximas actividades